Volver

A pita de Fita

Domínguez Chus | Fumaça María

Información del vídeo musical:

Intérpretes:

Imágenes:





Duración:
3m 56s
Título en Youtube:
"A pita de Fita" - María Fumaça
Descripción en Youtube:
Canción incluída no libro-disco "O veleiro verde", de María Fumaça (Editorial Galaxia, colección Sonárbore 2019) www.editorialgalaxia.gal/produto/o-veleiro-verde Xa está aquí María Fumaça!! O veleiro verde non é un disco calquera. É unha explosión de cor, un lóstrego de esperanza, unha greta pola que se coa o optimismo dando chimpos de alegría. A mensaxe é clara: temos azos para afrontar a travesía do futuro. O veleiro verde de María Fumaça é moito máis que un veleiro. É un transformador de enerxía. Proba a subir nel e verás como podes cambiar o mundo, desafiar a lei da gravidade e voar a outros universos, onde poder recomezar e habitar un espazo máis leve, máis lúdico e máis humano. Soltamos amarras, despregamos velas e iniciamos a travesía máis fascinante polo mar da liberdade co capitán Ruí e a extensa familia María Fumaça. Desta volta botamos leña á caldeira e subimos un chisco os decibelios, con toda a enerxía, con máis flow, ventos, metais, rock rebelde, co noso “ruiguetón”, e funk, sen esquecer o tradicional, marca da casa. Subide tod@s a bordo!!! Letra: Paxi Dasilva Música: Chus Domínguez Voz solista: Chus Domínguez Video dirixido por Paxi Dasilva Stop Motion por Breogán Sousa e María Selgas Letra: "A pita de Fita" Fita tiña unha pita que comía ata fartar, comía millo, comía fariña, non paraba de engordar! Todos dicían: “Mira como loce, mira que bonita está a pita de Fita!” Mais cando chegou o Nadal, alguén dixo: “Hai que desplumar a pita, que a temos que papar”. E a pita que escoitou, e dixo: “Co-co-cón…!! A min non me pillades, non!” A pobre pita de Fita fuxiu estarrecida e botouse á bebida. Cando bebe vermú baila arrastro co cu. Se bebe licor café, salta na punta do pé. Se bebe augardente, cacarexa de repente: “Co-co-cón…!! A min non me pillades, non!” A pita de Fita botouse á bebida e pasou da comida. Cando chega o Nadal foxe e bota a voar tan pronto venta que no forno a van asar. Ide papando o bacallau con coliflor e de sobremesa papade turrón, Pero se queredes pita, este Nadal non ceades, Iso seguro que non. Iso seguro que non. Iso seguro que non. Iso seguro... “Co-co-cón…!! A min non me pillades, non!”