Description on Youtube:
Canción incluída no libro-disco "O veleiro verde", de María Fumaça (Editorial Galaxia, colección Sonárbore 2019)
www.editorialgalaxia.gal/produto/o-veleiro-verde
Xa está aquí María Fumaça!!
O veleiro verde non é un disco calquera. É unha explosión de cor, un lóstrego de esperanza, unha greta pola que se coa o optimismo dando chimpos de alegría. A mensaxe é clara: temos azos para afrontar a travesía do futuro. O veleiro verde de María Fumaça é moito máis que un veleiro. É un transformador de enerxía. Proba a subir nel e verás como podes cambiar o mundo, desafiar a lei da gravidade e voar a outros universos, onde poder recomezar e habitar un espazo máis leve, máis lúdico e máis humano.
Soltamos amarras, despregamos velas e iniciamos a travesía máis fascinante polo mar da liberdade co capitán Ruí e a extensa familia María Fumaça. Desta volta botamos leña á caldeira e subimos un chisco os decibelios, con toda a enerxía, con máis flow, ventos, metais, rock rebelde, co noso “ruiguetón”, e funk, sen esquecer o tradicional, marca da casa.
Subide tod@s a bordo!!!
Letra: Paxi Dasilva
Música: Chus Domínguez
Voz solista: Chus Domínguez
Video dirixido por Paxi Dasilva
Stop Motion por Breogán Sousa e María Selgas
Letra: "A pita de Fita"
Fita tiña unha pita
que comía ata fartar,
comía millo, comía fariña,
non paraba de engordar!
Todos dicían:
“Mira como loce,
mira que bonita
está a pita de Fita!”
Mais cando chegou o Nadal, alguén dixo:
“Hai que desplumar a pita,
que a temos que papar”.
E a pita que escoitou, e dixo:
“Co-co-cón…!!
A min non me pillades, non!”
A pobre pita de Fita
fuxiu estarrecida
e botouse á bebida.
Cando bebe vermú
baila arrastro co cu.
Se bebe licor café,
salta na punta do pé.
Se bebe augardente,
cacarexa de repente:
“Co-co-cón…!!
A min non me pillades, non!”
A pita de Fita
botouse á bebida
e pasou da comida.
Cando chega o Nadal
foxe e bota a voar
tan pronto venta
que no forno a van asar.
Ide papando o bacallau con coliflor
e de sobremesa papade turrón,
Pero se queredes pita,
este Nadal non ceades,
Iso seguro que non.
Iso seguro que non.
Iso seguro que non.
Iso seguro...
“Co-co-cón…!!
A min non me pillades, non!”