Itzuli

Cántigas

Osterberger Eugenia, Folk Galiza | de Lorenzo Susana, López-Suevos Beatriz

Musika-bideoari buruzko informazioa:

Iraupena:
9m 19s
Youtubeko izenburua:
Cántigas. Eugenia Osterberger (Mme. Saunier)
Youtubeko deskribapena:
"Cántigas y Melodías Gallegas" compostas en 1907 e adicadas ao Centro Gallego de Buenos Aires. Susana de Lorenzo e Beatriz López-Suevos ofrecen unha panorámica das "Cántigas" da compositora compostelá Eugenia Osterberger interpretando so a primeira estrofa de cada unha delas. Traballo de investigación e recuperación a cargo de Rosario Martínez e Beatriz López-Suevos. Concerto celebrado en xuño do 2014 no CGAC e xenerosamente gravado por Marcos Gallego e Sandra Pampín. Edición e posprodución: Marcos Gallego. SAGA TV 1ª AMOROSAS: "Adiós miña Manueliña, a chorar mollei un pano. Non pensei que namorar me dese tanto traballo." 2ª BURLESCOS: "Almendriñas nas orellas, tamén as ten o meu can, cando vai atrás d'as lebres, sempre pensa que lle can! Almendriñas nas orellas maldita gala che é, unha boa camisiña, un bon zapato no pé." 3ª CASAMIENTO: "Casadiña de tres días non se cansa de chorar pola vida de solteira que non ha de recobrar." 4ª CONSEJOS: "Mariquiña non te fíes d'os estudiantes d'a vila, que o deño teñen n'o corpo cando dan palabra fina." 5ª TRISTEIRAS: "Ahora que ven a leva de levar os homes todos, lévanme ó meu queridiño, lévanme a vista dos ollos." 6ª DESAIRES: "Non chas quero, non chas quero, nabizas do teu nabal, non chas quero, non chas quero, que me poden facer mal." 7ª DESPEDIDAS: "Adiós, adiós, queridiño, adíos, adiós o meu si, e meu non, eres regalo da vida, prenda do meu corazón, la..." 8ª DESPRECIOS: "Arriba pandeiro roto e bibiribiribi. Abaixo manta mollada. Ay! que donde están as mulleres e bibiribiribi, os homes non valen nada."